galizarte galizarte galizarte
galizarte galizarte galizarte galizarte
Olga Cerviño
17/02/2010    Olga Cerviño finalista no VI certame concello de Brión
Como estaba previsto, o venres 12 de febreiro celebrouse o acto de entrega de premios e inauguración da exposición correspondentes ao certame de pintura Concello de Brión-Novos Valores 2009.
O Certame de Pintura Concello de Brión – Novos valores 2009 xa ten gañadores e gañadoras. Como estaba previsto nas bases, o venres 12 de febreiro o Centro Social Polivalente acolleu o acto de entrega de premios aos galardoados deste ano. A continuación, os asistentes trasladáronse ao Espazo das Artes de Brión onde se procedeu á inauguración dunha exposición que recolle una selección da obra presentada a concurso na edición deste ano do certame.

Ao acto estivo presidido polo alcalde de Brión, José Luís García e polo presidente de Feiraco, José Antonio Casais Fernández, este último representando a Fundación Feiraco, que patrocina este certame organizado polo Concello de Brión. Nel interviron Alberto Álvarez, Técnico de Cultura, que oficiou de mestre de cerimonias, e José Daniel Buján Núñez, director da Biblioteca de Galicia e escritor, que actuou en representación do xurado.

Na presentación destacouse a gran participación neste sexto certame de pintura, na que se contabilizaron 50 obras presentadas por artistas noveis de toda Galicia. O alcalde de Brión, Xosé Luís García, agradeceu a todos eles a súa participación. Así mesmo, felicitounos polo seu talento e capacidade creativa.

-Veredicto do xurado-

Pero só podía haber dous premiados por categoría, e a decisión non resultou doada para o xurado, que estivo formado por destacadas persoas vinculadas coa arte e a cultura. De acordo coa acta elaborada trala deliberación, estes foron os artistas gañadores da sexta edición deste certame:

Categoría A: de 14 a 17 anos
1° premio, dotado con 600,00 euros e diploma acreditativo, á obra presentada por Paula González Freire, de A Coruña. Título: Jardín hipnótico.
2° premio, dotado con 400,00 euros e diploma acreditativo, á obra presentada por Sara Pazo González, de Redondela. Título: Despois.

Así mesmo, resultaron finalistas, recibindo un diploma acreditativo, as obras presentadas por:
Alberto Vázquez Folgueira de A Pastoriza
Antía Monroy Rivas de Redondela
Cristian López Balsa de A Pastoriza
Diego López Rodríguez de A Pastoriza

Categoría B: de 18 anos en diante
1° premio, dotado con 1.500,00 euros e diploma acreditativo, á obra presentada por Oscar Cabana Picado, de A Coruña. Título: Refinería.
2° premio, dotado con 1.000,00 euros e diploma acreditativo, á obra presentada por Ana Varela Ramos, de Cambre . Título: Sin Título

Así mesmo, resultaron finalistas, recibindo un diploma acreditativo, as obras presentadas por:
Israel Jiménez Medina de Las Palmas de Gran Canaria
María del Carmen Torres Maroño de Santiago de Compostela
Sabela Roma de Ourense
Olga Cerviño Vázquez de Bueu
Deli Sánchez
18/01/2010    Novo artista en Galizarte
Deli Sánchez, naceu en Santiago de Compostela no ano 1968, ainda que viviu dende neno en Noia, pobo das rias baixas galegas.
Sentíndose pois Noiés, xa de rapaz saia a pintar ás rúas e praias desta Vila Medieval.
Pintor autodidacta, iniciou a sua carreira artística profesionalmente en Madrid, cidade donde residiu máis de dez anos.
De volta á sua terra, decide cursar estudos superiores na Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela, onde se titula como Técnico Superior en Artes Plásticas aplicadas á Escultura.
Afincado en Lestedo, combina a pintura, dentro dun estilo expresionista donde o colorismo e a materia están patentes, ca escultura en granitos galegos, mármores e principalmente ferro, material co este creador se sinte máis cómodo.
Cabe destacar a influencia do Jazz na obra de este artista, tanto en pintura como en escultura.
Autor da portada para o disco “Open doors“ do prestixioso pianista de jazz, Abe Rábade, e pinturas en directo nos Ciclos de Jazz 1906 de Estrella Galicia, así como exposicións habituais no Club de Jazz Dado Dadá de Santiago, son algunhas das suas intervencións máis importantes.
Asímesmo as paixases da Galiza están tamén presentes na súa obra, ademáis de outras inspiracións.
Exposicións en Madrid, Alcalá de Henares, Noia, Oroso, Lugo, A Coruña, Salvaterra do Miño, entre outras.... e as de Portugal, en Góis, Coimbra, Figueira da Foz, Cantanhede, ou Sao Joao de Madeira.
O artista traballando
10/01/2010    Traballos a medida en madeira de Tino Resille
Tino Resille fai por encargo traballos en madeira. Podes ver algúns exemplos dentro do apartado Galeria desta web e filtrando o artista por Tino Resille. Para encargarlle algún traballo  so tes que contactar con él mediante o correo electrónico facendo click no botón Contactar co artista en calquera das súas obras, e comentarlle o que che gustaría facer.
Gañadora da rifa
06/01/2010    Xa hai gañadora da escultura sorteada por Tino Resille
Xa hai gañadora da escultura sorteada por Tino Resille. Co número 588 xa apareceu a gañadora do sorteo dunha das obras de Tino Resille (neste caso unha mesa). O artista realizou unha rifa que vendeu neste Nadal pola comarca do Morrazo.

O artista quere agradecer a todos/as pola colaboración.
1 de 4
_aviso legal  _protección datos  _contacto:galeriadearte@galizarte.com _telf: 627512053
galizarte galizarte